Presentación do libro Galegos universais

Actualizado 23/12/2016 00:01

museo de pontevedra

O martes 27 ás 20 h preséntase no Sexto Edificio o libro Galegos universais. Influencia de Galicia no mundo.

Prisciliano, o arcebispo Xelmírez, Cristóbal Colón, Simón Bolívar e Fidel Castro son os protagonistas deste volume que se anuncia como o inicio dunha colección que quere dar a coñecer episodios e personaxes da Historia Universal e demostrar a súa vinculación con Galicia.

Victorino Pérez Prieto, Manuel Antonio Castiñeiras González, Eduardo Esteban Meruéndano e Aquilino Fariñas Godoy, Xurxo Martiz Crespo e, finalmente, Afonso Eiré son os autores de cada un dos capítulos centrados nestes personaxes.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra