Concerto homenaxe in memoriam de José Antonio Sánchez Rodríguez, Pachú

Actualizado 26/12/2016 00:00

museo de pontevedra

O mércores 28 de decembro, ás oito da tarde, o Sexto Edificio acollerá o concerto homenaxe a José Antonio Sánchez Rodríguez, Pachú, quen faleceu o 18 de setembro pasado.

O concerto será ofrecido polo pianista Severino Manuel Ortiz Rey que acompañará á voz de Ana Jesús Sánchez Barreiro, filla do homenaxeado.

José Antonio Sánchez Rodríguez, coñecido como Pachú, foi organista da basílica de Santa María de Pontevedra e un dos fundadores, en 1955, do coro dos Institutos de Pontevedra, xunto con Manuel Fernández Cayeiro, que despois exerceu como director da Sociedad Coral Polifónica, daquela alumnos do instituto da man do profesor Filgueira Valverde e doutros docentes.

Consultar programa en pdf.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra