Concerto Despedida do Vilancico

Actualizado 10/01/2017 00:00

museo de pontevedra

O sábado 14 de xaneiro ás oito e media da tarde, a igrexa parroquial de San Bartolomeu acolle a quincuaxésimo novena edición do concerto Despedida do Vilancico, que organiza o Museo, a cargo dos excantores do coro dos Institutos de Pontevedra que contarán coa colaboración do coro Luis García Limeses. A entrada é libre.

O coro dos ex cantores dos institutos de Pontevedra ofrecerán un selecto repertorio de música de Nadal tanto antiga coma contemporánea. Nesta ocasión contarán, ademais, coa colaboración do coro Luis García Limeses dirixido por Reyes Carballo Carballo e música de corda.

O programa, dirixido por Enrique J. Lareo Martín e Reyes Carballo Carballo, directora do coro infantil, será o seguinte:

In dulci jubilo: Canon inglés do século XV

No la debemos dormir: C. de Upsala, s. XVI - Frei Ambrosio Montesino (1444? -1514)

Verbum caro: C. de Upsala, s. XVI-Anónimo

Dadme albricias: C. de Upsala, s. XVI-Anónimo

Jesus Christ is born: Nathaniel Dett (1882-1943)

No seio da Virge Mai: S. Ribeiro (1898-1966), Natal de Elva (Portugal)

Deitadiño está nas pallas: Trad. portuguesa harm. Agustín Isorna (1914-1966)

Est is ein ros entsprungen (*): Michel Praetorius (1571-1621)

Stille nacht (*): Franz Grubert (1787-1863)

O Tannenbaum (*): Ernst Anschütz (1797-1855) Arranxo musical: Agustín Isorna (1914-1966)

O bon rei don Wenceslao (*) Trad. inglesa, S.XIII -Letra: J.F. Filgueira Valverde

Le message des anges(*): Trad. francesa, século XIII harm. Agustín Isorna (1914-1º966)

Adeste Fideles (*): Himno popular c. 1640 harm. John Reading (c. 1685-1764)

Los pastores de Bormujos (*): Trad. andaluza

Instrumentistas: Sergio Heredia, violín; Micaela González, violín; Dana Rey, violín; Lourdes Olbés, violín e viola de gamba; Xacobe Lamas, viola; Paloma Orcajo, violonchelo; Álvaro Orcajo, contrabaixo

Directora do coro “Luis García Limeses”: Reyes Carballo Carballo

Director do coro Ex cantores: Enrique J. Lareo Martín

(*) Ambos coros e instrumentistas

Premer aquí para descargar programa en pdf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra