Presentación do BRAG (num. 376)

Actualizado 23/01/2017 00:00

museo de pontevedra

O mércores 25 de xaneiro ás oito da tarde, no salón de actos do Sexto, terá lugar a presentación do Boletín da Real Academia Galega (núm. 376) dedicado, na súa parte monográfica, a Xosé Filgueira Valverde, figura á que se dedicou o Día das Letras Galegas de 2015.

Recóllense nel practicamente todos os traballos presentados ao longo do Simposio Filgueira Valverde na cultura galega do século XX, organizada pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Museo de Pontevedra e a Fundación Barrié, coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que se desenvolveu en catro sesións en cadansúa sede: Pontevedra, Santiago de Compostela, e A Coruña no caso das dúas últimas.

Intervirán no acto María M. Álvarez-Lires, Fernando Filgueira Iglesias, Xosé Carlos Valle Pérez, Xosé Leal Fariña e Xesús Alonso Montero.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra