Exposición Mirar con tacto. Arte para discapacidade visual

Actualizado 07/02/2017 00:00

museo de pontevedra

O xoves 9 de febreiro presentarase no Sexto Edificio Mirar con tacto. Arte para discapacidade visual, a primeira exposición itinerante de arte accesible de Galicia.

Trátase dunha iniciativa pioneira da Fundación María José Jove e a Obra Social “la Caixa” para promover a integración das persoas con déficit visual e sensibilizar á poboación xeral. A exposición acompáñase dun programa de actividades específico para familias, persoas con déficit visual e escolares.

A inauguración terá lugar ás 12 horas e a ela asistirán Carmela Silva, presidenta da Deputación; Xosé Leal, deputado provincial de Cultura e Lingua; Carlos Valle, director do Museo; Marc Benhamou, director territorial de CaixaBank en Galicia, e Felipa Jove, presidenta da Fundación María José Jove.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra