Presentación do libro Camiños na sombra

Actualizado 28/02/2017 00:00

museo de pontevedra

O xoves 2 de marzo ás sete e media da tarde o Sexto Edificio será o escenario da presentación do libro de relatos Camiños na sombra, gañador do I consurso Balbino e do que é autor Xián Lois Alcayde.

Malia os seus escasos dezanove anos, este escritor coruñés conta xa cunha prometedora andaina como locutor radiofónico desde a emisora Cuac FM. Tamén colabora coa revista dixital La Soga, o blog colectivo Libertario.es ou a plataforma Papel de periódico.

As quince historias que compoñen Camiños na sombra son un atlas para percorrer as rutas da memoria, o amor e o pasar do tempo. Amosan unha elaboración estética indubidable, cun pouso de lecturas e homenaxes a autores galegos e de fóra e influenciadas tamén polo universo cinematográfico e musical. Os relatos están protagonizados por personaxes moi ben perfilados e con finais sorprendentes e impactantes.

A entrada é libre.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra