Día Internacional da Muller no Museo

Actualizado 03/03/2017 00:00

museo de pontevedra

Este ano o Museo súmase ás celebracións do Día Internacional da Muller cunha programación baixo o título Ocultas tras a representación: a imaxe da muller na arte. Constará de dúas actividades arredor da figura feminina e sempre en relación coas obras expostas nos edificios Sexto e Sarmiento.

O 8 de marzo ás 20:00 horas a conservadora de pintura e debuxo do Museo, Mª Ángeles Tilve Jar, analizará nunha conferencia “O traballo feminino a través da obra Las cigarreras de Gonzalo Bilbao”, centrándose sobre todo no estudo previo para esta pintura obra que se custodia na propia institución e que representa o interior da fábrica de tabacos de Sevilla.

O mesmo mércores 8, e máis o xoves 9 e venres 10 ás 18:00 horas comezarán as visitas guiadas deseñadas especialmente para esta celebración. Desde o Gabinete Didáctico proponse unha reflexión sobre o papel da muller na Historia, na Arte e na vida, facendo un repaso polas condicións que marcaron a súa existencia, ausencia ou esquecemento. Neste Día Internacional da Muller recordarase non só as artistas silenciadas polo paso do tempo, senón tamén todas aquelas mulleres cuxas alas quedaron agochadas baixo a súa función de nai, esposa e filla. Todo a través das obras de arte presentes nas salas de exposición permanente dos dous edificios actualmente abertos ao público.

As persoas que desexen participar nestas actividades poden facelo de xeito libre e gratuíto, sen necesidade de inscrición previa.

Descargar pdf do programa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra