Presentación do libro Non des a esquecemento

Actualizado 13/03/2017 00:00

museo de pontevedra

O mércores 15 de marzo ás 20 horas no Sexto Edificio terá lugar o acto de presentación do libro Non des a esquecemento do que é autor Luís Bará.

Este libro é unha compilación dos artigos publicados por Luís Bará, filólogo, profesor e concelleiro do BNG en Pontevedra, no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016.

Neles o autor responde a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítimas da represión franquista en Galicia, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra