Música no Museo. Concerto de Silvia Penide

Actualizado 21/03/2017 00:00

museo de pontevedra

A cantautora galega Silvia Penide volve ao Sexto o sábado 25 de marzo ás sete da tarde para presentar en concerto o seu novo traballo Todo pintado de plata. Como é habitual a entrada será libre e gratuíta.

Todo pintado de plata é un disco co-producido xunto a Félix Arias, cantautor imprescindible na escena musical coruñesa e a metade de Lovely Lúa xunto a Xoel López.

O persoal pop desta autora levouna a ser dúas veces finalista e unha vez gañadora do Premio Martín Códax da Música Galega. Participou tamén en ciclos como Escenarios Cómplices de Mahou (por onde pasaron grupos como La Fuga ou Los Secretos), O mar nunha Flor, Paseantes, ademais de en importantes festivais como o Festival Noroeste Estrella Galicia ou o Festival da Luz que amadriña Luz Casal.

Unha artista que está nun momento alto da súa carreira e que traballou con algúns dos mellores produtores do panorama nacional como Arturo Vaquero (nomeado a un Premio Goya) ou Juan de Dios Martín (produtor de discos de Amaral ou El Kanka entre outros).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra