Semana Santa. Visitas guiadas no Museo: Un paseo pola arte

Actualizado 05/04/2017 00:01

museo de pontevedra

Trátase dunha visita comentada, apta para todos os públicos, na que se invita a descubrir algunhas das obras máis representativas expostas no Sexto Edificio e no Sarmiento.

Partindo do Tesouro de Caldas, exemplo significativo da ourivería galega durante a prehistoria, coñeceranse outras obras destacadas como as de Joaquín Sorolla, Castelao ou Asorey.

Coma colofón, gozarase da obra exposta de Maruja Mallo, artista homenaxeada este ano no Día das Artes Galegas.

Igualmente seguirase mantendo o percorrido dos sábados de A Ruta do Museo, na que se inclúe tamén a visita ás Ruínas de San Domingos (con inscrición previa):

Un paseo pola arte

Datas: do domingo 9 ao domingo 16 de abril

Horario:

Domingos 9 e 16 e Xoves e Venres Santo: ás 11:30

Martes 11 e mércores 12 de abril: ás 11:30 e ás 18:00

Duración: 90 m aproximadamente.

Punto de encontro: Sexto Edificio

Non é necesaria inscrición previa

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra