Presentación da colección Mulleres Bravas da nosa historia

Actualizado 09/05/2017 00:00

museo de pontevedra

O salón de actos do Sexto será o escenario da presentación da colección de libros infantís Mulleres Bravas da nosa historia, de Urco editora, o xoves 11 de maio ás 19:30 h.

Mulleres Bravas da nosa historia será unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres exemplares da historia da Galicia aos públicos máis novos.

Os dous primeiros títulos, que saíron xuntos, están dedicados a dous exemplos senlleiros das nosas letras: Rosalía de Castro, con texto de maría Lado, e a María Victoria Moreno, da autoría de Eli Ríos.

Alén de contar as biografías das protagonistas, os libros contan con actividades para realizar coa xente miúda e cronoloxía, todo para axudar a valorar a achega das protagonistas á nosa cultura, ás veces ocultada polo feito de seren mulleres.

Todos os libros contarán coas ilustracións de Eva Agra e texto de diferentes autoras de renome, como María Lado, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Ledicia Costas, María Reimóndez.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra