Presentación do libro España. En busca de un relato

Actualizado 11/05/2017 00:00

museo de pontevedra

O venres 12 de maio, no Sexto Edificio ás oito da tarde, celebrarase o acto de presentación do libro España. En busca de un relato, do que é autor Manuel Artime Omil.

Manuel Artime (Pontevedra 1977) é Doutor en Filosofía pola UNED e Licenciado en Filosofía pola mesma universidade. O seu traballo de investigación remite ao ámbito da filosofía política e filosofía da historia. Interesouse polo estudo dos usos políticos da historia e, de maneira particular, polo debate intelectual e historiográfico en torno ao relato nacional español. Colaborou en diversas obras colectivas e é autor da tesis Sobre los usos políticos de la memoria. La actualidad del Problema de España, dirixida por Antonio García-Santesmases, quen prologa a obra que se presenta.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra