Ciclo de concertos Seráns do Conservatorio no Museo

Actualizado 22/05/2017 00:00

museo de pontevedra

O martes 23 e o venres 26 de maio, ás 20 h, o Sexto Edificio acolle a sétima edición do ciclo de concertos Seráns do Conservatorio no Museo a cargo de profesorado e alumnado do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.

O martes celebrarase o concerto do Departamento de Canto na que se interpretarán pezas de Mozart, Gluck, Haendel, Bellini, Schumann, Bach, Granados e dos compositores galegos Juan Montes, Marcial del Adalid, José Baldomir e Ángel Barja, a cargo da mezzosoprano Andrea Rey Gil, o tenor Enrique Cameselle España e a soprano Ana Solla Gallego.

O venres será a quenda da Música Antiga cuxo programa inclúe composicións de Valentín Haussmann, Ludovico Roncalli, Marin Marais, Francesco da Milano, Luis de Narváez, Francesco Spinaccino, Antoine Forqueray, C. Simpson, Diego Ortiz e Pietro Paolo Borrono da Milano entre outros. Os intérpretes serán Linda V. Percíncula Martínez, Alicia Saiz Abeleira, Xoana Pacheco López, Mª Alejandra Álvarez Sepúlveda, María Campos Rodríguez, Lourdes Olbés Corujo, Rebecca Campos Quiñones, Manuel Viejo Sánchez, Paloma Gago Couceiro, Adrián Esperón Villaverde e Marina Hermida Rodríguez.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra