Presentación do libro Segredos ao descuberto

Actualizado 31/05/2017 00:00

museo de pontevedra

O xoves 1 de xuño ás 20 horas presentarase no salón de actos do Sexto Edificio o libro Segredos ao descuberto. Pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos, de Buenaventura Aparicio Casado e Antonio de la Peña Santos. Neste acto, ademais dos autores participarán o antropólogo Rafael Quintía e o escritor Rodrigo Cota.

Segredos ao descuberto é o froito dun traballo de investigación sobre determinados aspectos das insculturas ignorados acotío no traballo de campo. Nel exponse e deféndese unha hipótese: que moitos dos complexos rupestres máis sobranceiros de Galicia chegaron ata os nosos días en razón dunha decisión intencionada dos canteiros, que evitaron a destrución dos gravados como consecuencia de profesar certas crenzas inseridas na cosmovisión popular.

O enigmático mundo dos buscadores de tesouros completa un estudo absolutamente novidoso na Europa atlántica que á tradicional visión arqueolóxica engade a antropolóxica.

A entrada, como vén sendo habitual, é libre ata completar a capacidade da sala.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra