Concerto da Sociedad Coral Polifónica nas Ruínas de San Domingos

Actualizado 23/06/2017 08:00

museo de pontevedra

O mércores 28, ás 21:30 h, haberá un concerto de Música Galega nas Ruínas de San Domingos ofrecido pola Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Servirá de remate a unha xornada na que se presentará o libro resultante da exposición Meu Pontevedra! Castelao 1916-1936. A celebración do concerto obriga a pechar as Ruínas ás 20 h. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo destinado ao público.

(Se o tempo non o permite farase o concerto no Sexto Edificio)

PROGRAMA
Concerto Música Galega
Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

  • Tres cantigas de Pontevedra: A. Bertomeu
  • Ai flores do verde pinho: D Dinis/ Harm. M. Carneiro
  • O neno durmía: D. Jácome/ A. P. Valverde
  • Adiós ríos: R. De Castro/ A. Peinado
  • O meu pandeiriño: Popular/ J. Miguélez Pampín
  • Non te namores meniña: A. Iglesias Vilarelle
  • Coita: A. García Abril/ J. Verea Montero
  • Prende salgueiriño: Popular/ E. Lede
  • Os teus ollos: C. Enríquez/ J. Castro Chané
  • Abrem'a portiña: A. Bertomeu
  • Aquel que saleu agora: Popular/ A. Bertomeu
Solistas:
Soprano: Pilar Baamonde Lusquiños
Contralto: Rosa María González Prieto
Tenor: Xose Luis Alvarez González
Baixo: Juan Laureano González Torres

Directora:
Nanette Sánchez Ordaz

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra