Visitas guiadas á exposición Pontevedra suite de Manuel Moldes
Actualizado 07/08/2017 00:00 museo de pontevedra Todos os sábados ás 19 h o Gabinete Didáctico realizará visitas comentadas á exposición Pontevedra Suite que recolle a obra do artista pontevedrés Manuel Moldes realizada durante uns anos transcendentais no seu proceso creador. O programa comeza o sábado 12 de agosto e conclúe o 16 de setembro. Para participar nestas visitas non é necesario inscribirse, só estar puntual na recepción do Sexto Edificio. Os grupos que de forma organizada queiran solicitar unha visita guiada á exposición fóra deste horario, terán que poñerse en contacto co Gabinete Didáctico en: gabinetedidactico.museo@depo.es ou 986 804 100 (horario de atención: de luns a venres de 8:00 a 14:30). |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |