Presentación da edición ilustrada de Sonatas, de Valle-Inclán.

Actualizado 19/10/2017 00:00

museo de pontevedra

O martes 24 de outubro ás oito do serán, no salón de actos do Sexto Edificio, terá lugar a presentación da primeira edición ilustrada de Sonatas de Ramón del Valle-Inclán, publicada pola editorial Reino de Cordelia.

Premer na imaxe para ampliar

Esta edición está revisada e prologada por Luis Alberto de Cuenca (Premio Nacional de Traducción e Premio Nacional de Poesía) e conta cos debuxos do ilustrador coruñés Víctor López-Rúa.

Valle-Inclán publicou entre 1902 e 1904 as súas catro Sonatas que narran fragmentos das memorias do Marqués de Brandomín, personaxe ficticio que é una especie de Don Juan, feo, católico e sentimental. Cada unha das sonatas céntrase nunha estación do ano e ten lugar nun sitio distinto: Italia, México, Galicia e Navarra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra