Presentación do proxecto de mosaico monumental máis grande do mundo

Actualizado 23/10/2017 00:00

museo de pontevedra

O mércores 25 de outubro ás 20 h preséntase no Sexto Edificio o mosaico italiano máis grande do mundo creado pola artista Andreina Giorgia Carpenito para a igrexa do Espírito Santo, ubicada en Indicatore (Arezzo, Toscana).

Neste gran proxecto, nado en 1997 para rehabilitar a igrexa, grazas a determinación do seu párroco Santi Chioccioli e da artista, achegaron o seu traballo voluntario máis de 750 persoas, entre elas moitos artistas.

No acto visualizarase o documental The Visión, sobre a historia do mosaico, e Andreina Giorgia Carpenito dará a súa versión como creadora da obra. Intervirán tamén Borja Blanco Cochón escultor e Maryluz Míguez deseñadora de interiores, que relataran a súa experiencia.

Ver información en pdf sobre o proxecto de remodelación da igrexa do Espírito Santo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra