Cando as meigas do Museo coñeceron a gata Ágata. Contacontos para público infantil e familias

Actualizado 30/10/2017 00:00

museo de pontevedra

O martes 31 de outubro, ás 18 h, vai ter lugar no Sexto Edificio a sesión de contacontos titulada Cando as meigas do Museo coñeceron a gata Ágata.

Esta é unha actividade para gozar en familia e orientada a un público infantil a partir de 5 anos. A entrada é de balde, ata completar aforo, e non precisa inscrición.

Enrique Mauricio e Carlos Taboada, voz e ilustrador, respectivamente, dos contos de Polo Correo do Vento espertarán unha vez máis o interese dos menores e das súas familias nesta actividade que se enmarca dentro das que complementan o festival O Museo de Pontevedra en curtametraxes.

Ao remate do conto, nenas e nenos poderán participar nun obradoiro de debuxo guiados da man do ilustrador Carlos Taboada.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra