Arte cos sentidos. Actividade para familias

Actualizado 06/11/2017 00:00

museo de pontevedra

O sábado 11 de novembro ás 17:30 h terá lugar no Sexto Edificio a actividade Arte cos sentidos dirixida a familias con nenas e nenos a partir de cinco anos. Nela traballarase cos sentidos do corpo humano (oído, vista, gusto, tacto e olfacto) na interpretación e goce das obras de arte expostas.

Esta experiencia sensorial, dinámica e creativa, que toma como punto de partida a metáfora da infinidade do mar, común á da Arte, terá unha duración de 75 minutos e nela poderán participar un máximo de 20 persoas.

A inscrición é de balde e farase concertando cita co Gabinete Didáctico no teléfono 986 804 100 ext. 42412 ou no correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es. Tamén se pode realizar no punto de información do Sexto Edificio.

Arte cos sentidos é unha das actividades fóra do ámbito escolar complementaria do Festival infantil e xuvenil O Museo de Pontevedra en curtametraxes.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra