Concerto de Gustavo Almeida & Amigos

Actualizado 20/11/2017 00:00

museo de pontevedra

Dentro do programa Música no Museo actúa o sábado 25 de novembro Gustavo Almeida rodeado dos seus amigos. Será no Sexto Edificio ás 19 h. a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Gustavo Almeida nace en Río de Janeiro o 14 de febreiro de 1978. Alí permanece ata cumprir os dezaoito anos.

Dedícase ao fútbol de maneira profesional (pasando polo Vasco da Gama de Brasil e o filial do Celta de Vigo, entre outros equipos) ata 2002 no que dá paso á súa outra vocación, herdada probablemente da súa nai, a cantante brasileira Ellen de Lima.

Comeza versionando cancións dos seus artistas favoritos, como Caetano Veloso, Djavan, Gilberto Gil, Jorge Drexler ou Silvio Rodríguez, ata que no ano 2005 decide empezar a escribir a súa propia traxectoria.

Desde entón ten publicado catro álbums, o último gravado en Valencia baixo a dirección de Nacho Mañó recoñecido produtor de artistas como Alejandro Sanz, Niña Pastori, Armando Manzanero, Presuntos Implicados, Santiago Cruz…

O tema Fue de repente aparece como primeiro single; unha balada enérxica e emocionante onde se lle ve nun dos seus momentos máis brillantes como intérprete e como autor.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra