Presentación da Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro, de Rafael Vallejo

Actualizado 12/12/2017 00:01

museo de pontevedra

O mércores 13 ás oito da tarde o salón de actos do Sexto acollerá a presentación da Guía turística do Conxunto Histórico de Combarro. Historia, arquitectura e patrimonio cultural, da autoría de Rafael Vallejo, profesor da Universidade de Vigo.

Premer na imaxe para ampliar

Na presentación participarán, ademais do autor, o director do Museo, Carlos Valle, o alcalde de Poio, Luciano Sobral e o deputado de Cultura, Xosé Leal.

Esta guía, que actualiza a publicada polo autor en 2013, está editada pola asociación A Solaina coa colaboración do Concello de Poio e da Deputación de Pontevedra. Inclúe apartados dedicados a tipoloxías de vivendas, arquitectura popular e relixiosa e ás festas.

A edición recolle máis de cen imaxes históricas e actuais da vila.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra