Presentación do libro Marisé e o loro Ravachol

Actualizado 19/12/2017 00:00

museo de pontevedra

O venres 22 de decembro ás 19:30 h presentarase no salón de actos do Sexto o conto Marisé e o loro Ravachol escrito por María Fanjul González e ilustrado por Sehila Rodríguez Mosquera.

Este libro de 36 páxinas editado por Fervenza recolle unha historia, a modo de conto, que pretende que nenas e nenos viaxen no tempo coa protagonista, Marisé, e coñezan a figura do loro Ravachol e o seu dono, Perfecto Feijoo.

Descubrirán un loro que vivía nunha botica e que chegou a converterse no centro da vida social da cidade de Pontevedra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra