NadalArte 2017. Admisións

Actualizado 20/12/2017 11:00

museo de pontevedra

Todas as nenas e nenos que fixeron a solicitude entre os días 14 e 20 deste mes para o obradoiro NadalArte 2017 poden participar nos horarios que solicitaron. Como nesta ocasión duplicouse o número de prazas séguense a admitir solicitudes para cubrir algúns ocos que quedaron.

As consultas dos días dispoñibles e inscricións faranse no punto de información do Sexto Edificio, ou chamando ao Gabinete Didáctico no teléfono 986 804 100.

A actividade leva por título Reflexos de familia e consistirá nun xogo de busca que permitirá tratar o tema da familia, moi representado na arte, a través da colección do Museo, ademais doutras cuestións transversais como a vida doméstica, o respecto ás persoas maiores ou a tradición dos beléns. Como remate a cativada elaborará un adorno de Nadal.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra