Presentación do libro La noria del siglo XXI

Actualizado 26/12/2017 00:00

museo de pontevedra

Xabier Añoveros Trías de Bes (Pamplona, 1944), profesor titular de Dereito Mercantil da Universidade de Barcelona, doutor en Dereito e en Ciencias Económicas, presenta o martes 2 de xaneiro ás 20 h, no Sexto, o libro La noria del siglo XXI, unha novela escrita por el que segue o mesmo esquema novelístico que utilizou Luis Romero na súa obra La noria (Premio Nadal de 1951) para plasmar a vida da Barcelona dos anos 40 do pasado século. Unha sociedade de posguerra, coas súas alegrías, os seus problemas e as súas miserias.

La noria del siglo XXI é unha novela coral na que a través de 32 relatos e outros tantos personaxes se retrata a Barcelona actual, como palpita, como se move e como pensa. Unha sociedade totalmente distinta á que hai 60 anos retratou Luis Romero. Eses 32 relatos vanse engrenando un a outro como os elos dunha cadea, ata que o último enlaza co primeiro, pechando o círculo desa noria urbana, na que van aparecendo os ambientes, as preocupacións e necesidades dos seus protagonistas nas súas distintas capas sociais da Barcelona actual.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra