Montaxe dos orixinais do Álbum Nós nas Salas Castelao

Actualizado 19/01/2018 00:00

museo de pontevedra

O martes 23 de xaneiro péchase temporalmente no segundo andar do Sexto Edificio a segunda das dúas salas dedicadas a Castelao para poder realizar os traballos de acondicionamento emontaxe dos 51 debuxos orixinais do Álbum Nós.

Estas obras permaneceran en paradoiro descoñecido desde a súa publicación en 1931 ata 2016 cando se acharon durante os traballos de preparación da mostra Meu Pontevedra! Castelao 1916-1936 onde se exhibiron por primeira vez desde a década de 1920. Desde entón, en calidade de depósito, enriquecen a nosa amplísima colección.

Aínda que nun recinto individualizado, esta creación cimeira na obra artística de Castelao exhibirase na mesma sala que os Álbums de Guerra, a súa outra grande obra mestra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra