Obradoiro de Entroido 2018

Actualizado 02/02/2018 00:00

museo de pontevedra

Nos obradoiros de Entroido que realizamos para público infantil, tentamos achegarnos ás tradicións galegas a partir das obra de artistas presentes na nosa colección. Mais este ano, queremos tender unha ponte ao continente africano, xa que tamén nas súas máscaras atopamos moito de ancestral e de máxico, de culto á fertilidade e de botar fóra aos malos espíritos, entroncando así coa nosa propia tradición.

É por iso que, motivados pola obra do artista galego Arturo Souto (1902 Pontevedra - 1964 México), este ano os nenos e nenas que se animen a festexar o Entroido na nosa compaña, realizarán un traballo creativo inspirado no seu cadro Máscaras africanas, que se pode contemplar na terceira planta do Sexto Edificio.

Idades ás que vai dirixido: de 7 a 12 anos

Días: luns 12 e martes 13 de febreiro

Horario: de 11:00 a 13:00 horas

Número de participantes: 15 por quenda

Lugar: Sexto Edificio

É necesaria inscrición previa no Gabinete Didáctico no tfno. 986.804.100 extensión 42413 ou no correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es (recepción de correos-e e chamadas de luns a venres de 8:00 h a 15:00 h).

As admisións realizaranse por orde de inscrición ata completar o número de prazas ofertadas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra