Obradoiros complementarios da mostra A beleza oculta

Actualizado 21/02/2018 00:00

museo de pontevedra

Como complemento á exposición A beleza oculta, comisariada por nenas e nenos, realízanse uns obradoiros dirixidos a escolares de primaria nos que, a partir dun percorrido pola montaxe, se proporán preguntas nun diálogo aberto sobre o tema central da mostra. A visita rematarase cunha actividade plástica relacionada coa colección permanente do Museo.

Destinatarios: nenas e nenos de 6 a 12 anos

Número de prazas por obradoiro: 15

Lugar: Sexto Edificio

Datas dos obradoiros:

Venres 23 de febreiro de 18 a 19h

Venres 2 de marzo de 18 a 19h

Venres 16 de marzo de 18 a 19h

Sábado 17 de marzo de 11 a 12h

Terán prioridade en cada un dos obradoiros aquelas nenas e nenos que non participaran no anterior.

É preciso inscribirse previamente para cada obradoiro cubrindo a folla de inscrición e enviándoa a gabinetedidactico.museo@depo.es. Tamén pode entregarse no punto de información do Sexto Edificio do Museo de martes a venres de 10 a 21h e sábados de 10 a 14h.

A aceptación farase por estrita orde de recepción da solicitude. Non se aceptarán aquelas solicitudes que non cumpran os requisitos de participación. Esta notificarase vía correo electrónico ou teléfono unha vez pechado o prazo de inscrición (un día antes da celebración de cada un dos obradoiros).

*As actividades rexistraranse graficamente por iso é obrigatorio cumprimentar e firmar a autorización incluída na folla de inscrición

FOLLA DE INSCRICIÓN

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra