Música no Museo. Concerto de Dani Royo

Actualizado 27/02/2018 00:00

museo de pontevedra

O sábado 3 marzo ás sete da tarde no salón de actos do Sexto volve celebrarse unha nova edición de Música no Museo co concerto de Dani Royo.

Este cantante de orixe zaragozana comeza a idade temperá a súa paixón pola música: con sete anos participou no programa Sopa de Gansos de TVE1. Aos 9 vén vivir a Galicia e comeza a interesarse pola gaita e o baile tradicional e incorpórase a un grupo de folclore no que está ata os 20 anos.

Despois emigra a Canarias, concretamente a Tenerife, onde permanece oito anos. Aínda que o seu despegue musical se dá na Coruña, en 2009. Foi nomeado Artista Revelación en Galicia en 2011.

Está á fronte dunha formación con gran repercusión no norte de España a Banda tributo a Antonio Flores “7 vidas”

A través dunha campaña de micromecenado grava o seu primeiro disco profesional composto por seis cancións e producido e arranxado por Juanma Leal.

A principios de 2017 firma o seu primeiro contrato discográfico e no mes de febreiro lanza o seu primeiro sinxelo Me entrego al universo, que dá título ao disco.

Dani Royo está considerado unha das apostas musicais para este ano 2018.

A entrada ao concerto é de balde e libre ata completar a capacidade da sala.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra