Entrega de premios do festival audiovisual O Museo de Pontevedra en curtametraxe

Actualizado 28/02/2018 00:00

museo de pontevedra

O venres 2 de marzo ás 18:00 h vai ter lugar no salón de Actos do Sexto Edificio a visualización das curtametraxes galardoadas no certame audiovisual infantil e xuvenil O Museo de Pontevedra en curtametraxes e a entrega dos premios ás mozas e os mozos participantes.

O certame ten como obxectivo divulgar o patrimonio cultural entre a infancia e a mocidade da provincia de Pontevedra a través das obras e coleccións expostas no Sexto Edificio, edificio Sarmiento e as Ruínas de San Domingos.

As categorías de participación foron ‘Infantil' para alumnado que cursa 5.º e 6.º de primaria, ‘Benxamín' para alumnado de 1.º e 2.º da ESO, ‘Alevín' para 3.º e 4.º da ESO, e ‘Cadete' para alumnado de Bacharelato, Graos medios e Formación Profesional Básica.

Os premios concederanse por categorías do seguinte xeito: Infantil con 800 euros para primeiro premio e 500 euros para o segundo; Benxamín con 1.00o euros para primeiro e 700 para segundo; Alevín con 1.500 para o primeiro e 1.00o euros para o segundo; e Cadete con 2.000 euros para o primeiro e 1.500 para o segundo premio.

O xurado estivo composto pola produtora e profesora de audiovisual da Universidade de Vigo, Beli Martínez, pola realizadora e guionista, Anxos Fazáns, pola técnica do gabinete didáctico do Museo, Paula Tilve, polo coordinador de contidos divulgativos do Museo, José Manuel Castaño, e polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra