Curtametraxes premiadas en O Museo de Pontevedra en curtametraxes

Actualizado 05/03/2018 00:00

museo de pontevedra

O venres 2 de marzo tivo lugar no Sexto Edificio a entrega de premios do festival audiovisual infantil e xuvenil O Museo de Pontevedra en curtametraxes no que puido participar, a nivel colectivo ou individual, o alumnado dos centros de ensino non universitario da provincia de Pontevedra desde 5º de Primaria.

As curtametraxes gañadoras nas diferentes categorías foron as seguintes:

CATEGORÍA INFANTIL

1º Premio de 800 €

Alumnado de 6º de Primaria do CPR Salvador Moreno (Pontevedra) pola curtametraxe: A VIDA DENTRO DO CADRO DE DON RAMÓN

2º Premio de 500 €

Alumnado de 6º de Primaria do CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén) pola curtametraxe: VISITA AO MUSEO

1º Accésit de 350 €

Alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Mallón (Nigrán) pola curtametraxe: TOC, TOC, DESCUBRIMOS O SEXTO EDIFICIO

2º Accésit de 200 €

Alumnado de 6º de Primaria do CEP Plurilingüe Riomaior (Vilaboa) pola curtametraxe: A MELLOR RECICL-ARTE NO MUSEO

CATEGORÍA BENXAMÍN:

1º Premio de 1.000 €

Alumnado de 1º de ESO do CPR Plurilingüe Labor (Vigo) pola curtametraxe: ANIMACIÓN TESOURO DE CALDAS

2º Premio de 700 €

Alumnado de 1º de ESO do CPR Plurilingüe Labor (Vigo) pola curtametraxe: ANIMACIÓN DA PREHISTORIA

CATEGORÍA ALEVÍN:

1º Premio de 1.500 €

Nee Barros Fernández (Marín), concursante de 4º de ESO a título individual, pola curtametraxe: ALGUNHA VEZ CHEGAN TARDE

2º Premio de 1.000 €

Alumnado de 3º de ESO do IES As Barxas (Moaña) pola curtametraxe: TEÑO MEDO ÁS PALABRAS

CATEGORÍA CADETE:

1º Premio de 2.000 €

Alumnado de 2º de Bacharelato do IES Sánchez Cantón (Pontevedra) pola curtametraxe: COUSAS DO MUSEO

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra