Presentación do libro A detective Peregrina e o misterio do torque

Actualizado 08/03/2018 00:00

museo de pontevedra

O venres 9 de marzo ás 18:30 h no Sexto o Museo presentará un libro en banda deseñada realizado por Enrique Mauricio e Carlos Taboada (Lela edicións) A detective Peregrina e o misterio do torque, co que se pretende achegar ao público miúda á cultura castrexa dun xeito lúdico.

Este libro vén sendo unha iniciativa máis na programación anual do Museo, que vén desenvolvendo diversas actuacións destinadas a fomentar as visitas do público infantil e familiar.

Desta volta, fomentouse a edición dun libro en banda deseñada que favoreza a divulgación das obras do Museo, neste caso da cultura castrexa visualizado a través de A detective Peregrina e o misterio do torque, da autoría e ilustración realizado por LELA EDICIÓNS ( Enrique Mauricio e Carlos Taboada).

A personaxe da detective Peregrina é, desde hai máis de tres anos, a revelación editorial infantil de Pontevedra. Trátase dunha nena intrépida que viste como o investigador inglés Sherlock Holmes e sempre vai acompañada co seu can Magnun e o seu amigo Roque na busca de aventuras nas que debe resolver misterios como o que aparece neste libro que se complementa con actividades didácticas que aparecen ao final.

Despois da presentación haberá un contacontos, que correrá a cargo de Enrique Mauricio e Carlos Taboada.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra