Música no Museo. Concerto de Pablo Moreno

Actualizado 14/03/2018 00:00

museo de pontevedra

Dentro do ciclo Música no Museo o sábado 17 de marzo celebrarase no salón de actos do Sexto o concerto de Pablo Moreno. Será ás sete da tarde.

Pablo Moreno é un cantante nacido en Puertollano (Ciudad Real) en 1996. A pesar da súa xuventude o seu traballo é o froito dunha grande ambición.

Leva compoñendo desde os once anos e aspira a dedicarse á música que é a súa gran paixón. En 2015 obtivo o primeiro premio do concurso ESO es música, da Sociedad General de Autores entre un centenar de músicos novos de Castilla-La Mancha, pola súa canción titulada Gigantes. Ten editado o EP Empezar de cero.

A súa xira actual leva por título Despedida.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra