Semana Santa 2018. Visitas ao Museo

Actualizado 20/03/2018 00:00

museo de pontevedra

Nestes días de lecer para moitas persoas o Gabinete Didáctico ofrece un amplo programa de visitas guiadas consistente en diversos percorridos polas nosas coleccións nos que as persoas que o desexen poden participan de forma gratuíta.

VISITA ESPECIAL SEMANA SANTA

Este itinerario comentado deterase nalgunhas das obras representativas expostas entre os edificios Sexto e Sarmiento. Será un periplo histórico-artístico no que se fará un achegamento ás xoias da prehistoria e a antigüidade, aos baldaquinos de finais do século XV e principios do século XVI, á obra de grandes artistas galegos dun amplo recoñecemento fóra da nosa terra que realizaron obras que, se ben amosan sensibilidades distintas, son produto do seu tempo.

Datas: do domingo 25 de marzo ao domingo 1 de abril (luns pechado)

Horario: Mañás: ás 11:30 h (Domingos e festivos só neste horario)

Tardes: ás 18:00 h

Duración: 90 m aproximadamente.

Punto de encontro: Sexto Edificio

Sen inscrición

VISITAS GUIADAS ÁS RUÍNAS DE SAN DOMINGOS (sen inscrición)

Coa apertura ao público das Ruínas de San Domingos o sábado 24 de marzo, inícianse as visitas guiadas pola historia deste importante monumento da cidade.

De martes a venres non festivos: 12h e 17:30h

Sábados: 17:30h

Domingos e festivos: 12h

Sen inscrición

A RUTA DO MUSEO (con inscrición)

Durante este tempo continúan a ofertarse as visitas de fin de semana da “Ruta do Museo” todos os sábados ás 11:30 h previa inscrición. Máis información: http://www.museo.depo.gal/noticias/notas.de.prensa/ga.02011044.html

VISITAS DE GRUPOS ORGANIZADOS

Á marxe destes itinerarios sinalados, todos os grupos que queiran realizar unha visita ao museo a través do seu servizo gratuíto de guías e da súa ampla oferta de percorridos comentados, é necesario que concerten previamente cita co Gabinete didáctico a través de: gabinetedidactico.museo@depo.es ou do teléfono: 986 804 100.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra