Exposición Pintacuentos. Ilustración mexicana contemporánea

Actualizado 04/04/2018 00:00

museo de pontevedra

O segundo andar do claustro do edificio Sarmiento do Museo acolle do 5 de abril ao 27 de maio a mostra Pintacuentos. Ilustración mexicana contemporánea, unha das programadas dentro das actividades da décimo novena edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil organizado polo Concello de Pontevedra.

Nela recóllese o traballo de 49 recoñecidos ilustradores e ilustradoras plasmado en 142 obras orixinais, moitas delas publicadas en libros infantís e xuvenís. Entre eles, están pezas de Gabriel Pacheco, Valeria Gallo ou Cecila Rebora, que estarán na cidade durante parte do Salón e colaborarán en diferentes actividades, algunhas delas en torno a esta mostra.

A exposición que conta coa colaboración do Ministerio de Cultura e Exteriores de México inaugurase o xoves 5 de abril ás 20 h coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a Consejera de Cultura de México en España, Susan Pliego Quijano

O tema do Salón deste ano é Mulleres de Conto en homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil. Máis información en http://www.salondolibro.gal

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra