Concerto da Xove Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e Orquestra Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra

Actualizado 26/04/2018 00:00

museo de pontevedra

O sábado 28 de abril ás 19:30 h o Sexto Edificio será o escenario do concerto que ofrecerán a Xove Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e a Orquestra Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra.

A Xove Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra (XOFCP) e a Orquestra Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra (OFICP) creáronse co obxectivo de formar e ilusionar a pequenas e pequenos músicos de Galicia e Portugal e conseguir que se desenvolvan persoal e profesionalmente, formando parte dunha agrupación musical e cultural desde a infancia ata a idade adulta.

É unha iniciativa nova, cun proxecto de pequenas metas pero cheo de ambición e ilusión, dotando á cidade de Pontevedra de algo innovador, que foi un reto nos seus inicios e unha satisfacción a curto e longo prazo.

Comezaron a súa andaina no mes de setembro de 2017, realizando o seu primeiro concerto de presentación no mes de decembro do mesmo ano, no que todas e todos os compoñentes mostraron unha gran profesionalidade e no que se puido augurar un magnífico futuro profesional e musical.

Interpretarán o seguinte

PROGRAMA

OFICP

Exploring Skip to my lou………………………………….. Arr. MARTA SOUTO

Marcha …………………………………………………………………………. JOHNSON

Jiga Irlandesa …………………………………………….. Arr. RAÚL CONTRERAS

Round the mountain when she comes ………….. Arr. MARTA SOUTO

Compoñentes

Violíns primeiros: Lía Bascoy, Alexandre Cruz, Noa Parra, Paula Diz, Jimena Siaba, Mencía Guimarey

Violíns segundos: María Lorenzo, Noa Viñas, Mariña Estévez, Gael Rodríguez, Brais Fariña, Ania Castaño.

Violas: Lía Iglesias

Violoncellos: Uxía Novegil, Carolina Mera, Lucía Domínguez, Paula Gómez

XOFCP

Sarabande da Suite en RE, HWV 437………………………..…… G.F. HÄNDEL

Rondeau da Suite Abdelazer, Z570 …………………………..……. H. PURCELl

Adagio do concerto para óboe en Re, SD935 ………..……. B. MARCELLO

Óboe solista: César Rial

Te Deum: prelude, H146………………………………………….. M.A. CHARPENTIER

Canon en Re para cordas ………………………………………….…….. J. PACHELBEL

Adagio en sol menor ……………………………………………………… T. ALBINONI

Minuet do quinteto Nº 5, Op. 11 ……………………………….. L. BOCCHERINI

Tempo di Marakatu……………………………………….………………… E. AGUIAR

Compoñentes

Violíns primeiros: Micaela González (profesora), Nerea Villanueva, Clara Candisano, Nerea López, Candela Alonso, Lúa Rey, Ariadna Lorenzo.

Violíns segundos: Dana Rey, Érika Sineiro, Pablo Lorenzo, Emilia Fazanes, Candela Castro, Laura Pozaco, Michelle Túñez.

Violas: Sara López, Nerea Moledo, Alba Pesqueira

Violoncellos: Mario Val, Martín Varela, Leticia Ogando, Sara Rodríguez, Rocío Garrido.

Contrabaixos: Ainara Iglesias.

Descargar programa en pdf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra