DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2018

Actualizado 14/05/2018 00:00

museo de pontevedra

Un ano máis o Museo súmase á celebración do Día Internacional dos Museos, con visitas guiadas polas salas de Arqueoloxía, e da Noite dos Museos, coa intervención da ESAD de Galicia dedicada a Alejandro de la Sota.

18 de maio. Día Internacional dos Museos

Visitas guiadas á salas de Arqueoloxía

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, realizaranse visitas ás salas de Prehistoria e Historia Antiga para todos os públicos, incluíndo a visita ao diorama sobre a prehistoria cos Clicks.

Non é necesaria inscrición, só estar uns minutos antes do inicio da visita na recepción do Sexto Edificio.

Horario:

  • xoves 17 de maio: 11:30h
  • venres 18 de maio: ás 17:30h e as 19:30h

19 de maio. Noite dos Museos

Nesta noite tan singular as salas de exposicións permanentes e temporais dos edificios Sexto e Sarmiento estarán abertas ata as 24 h. Ademais, por terceiro ano consecutivo, o Museo e a ESAD de Galicia colaboran para facer chegar na noite dos museos unha figura sobranceira da cultura galega, este ano o arquitecto Alejandro de la Sota. Durante aproximadamente unha hora, o público asistente verase inmerso no mundo elegante, divertido e natural que nos deixou o artista, o e percorrerá con diferentes espazos do Museo, experimentando o pracer estético dos valores sotianos.

O proxecto que une ás dúas institucións reúne a un total de 60 persoas e axuda a divulgar a arte galega fóra do seu marco habitual, ben sexa unha exposición ou un teatro.

A intervención incluirá imaxes poéticas que irán acompañadas dun espazo sonoro que permita ao público relacionar a imaxe coa idea que se quere comunicar.

Corpo, trazo da arquitectura natural, que é o título da actividade, conta coa participación das tres especialidades que integran os estudos superiores de Arte Dramática: Interpretación, Escenografía e Dirección de Escena e Dramaturxia, a Escola Superior de Arte Dramática indaga na obra, nos escritos e nos bosquexos de De la Sota.

Celebraranse dúas sesións: a primeira ás 19h e unha segunda ás 21:30h. A entrada é libre ata completar a capacidade das instalacións.

Espazo escénico

Profesor: David Mortol

Alumnado: Pilar Buendía Guillamón, André Costal Ferreira, Naila Rodríguez Suárez; Nuria Rozados Da Conceiçao, Beatriz Rubio Mejía, Eva Santana Amatraín.

Espazo sonoro: Parolas Records/p>

Dirección

Profesora: Irene Moreira

Alumnado: Beatriz Álvarez Prego de Oliver, Roberto Casal Mouriño, Liliane Claro Rodríguez, Lía Conde García, Raquel Jorge Sánchez, Samuel Merino Gómez, María Santos Rodas.

Interpretación

Área de movemento

Profesor: Ricardo Solveira (movemento expresivo)

Alumnado: Lara Álvarez Álvarez, Laura Calvo Tomé, Alba Caneda Otero, Cristian Fernández Castro, Brais Fernández Pombo, Giuliano Daniel Lancelotti Crespo, Mara Neira Doural, Ana Pereira González, Andrea Rodríguez Castro, José Ramón Varela Sampayo, Raquel Velasco Sanz, Paula Villarroel Rodríguez, Javier Castiñeira García, Manuel Estévez González, Elsa García Comesaña, Carmen García Facorro, Sonia Garrido Alonso, Gema González Estévez, Grial Montes Fernández, Sandra Núñez Figueroa, Roque Pastoriza González, Alberto Pillado García, Xiana Prada Soler, Sofía Rodal Alén, Inés Santos Acuña, Belén Torres Estévez, Tania Yáñez Rodríguez.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra