Ciclo de concertos Seráns do Conservatorio no Museo

Actualizado 21/05/2018 00:00

museo de pontevedra

O martes 22 e o venres 25 de maio, ás 20 h, o Sexto Edificio acolle a oitava edición do ciclo de concertos Seráns do Conservatorio no Museo a cargo de profesorado e alumnado do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.

O martes celebrarase o concerto do Departamento de Canto no que se escoitarán pezas de Schubert, Schumann, Mozart, Williams, Chapí, Bizet, Gluck, Purcell, Strauss, Gounod, Vivaldi, Saint-Saën e Juan Montes. As diferentes pezas serán interpretadas por Andrea García González (soprano), Vanesa Tilve Rivas (mezzosoprano), Enrique Cameselle España (tenor), Ana Solla Gallego (soprano) e Andrea Rey Gil (mezzosoprano). Estarán acompañados ao piano por Alberto Vilas Alonso.

O venres será a Clase de Música Antiga a que desenvolva un programa con pezas de Roncalli, Platti, Bach, Vanhal, De Visée, Corbetta, Teleman, Antonio de Cabezón, Kindermann e Attaingnant. As e os intérpretes do programa desa tarde serán: Guadalupe Olbés Corujo, Micaela de Lima Núñez, Arquímedes Artal Moreno, Rebecca Campos Quiñones, Linda V. Percíncula Martínez, Mª Alejandra Álvarez Sepúlvedra, Alicia Saiz Abeleira, Xoana Pacheco López, Irene Jácome Ferrer, Nerea Novoa González, Adrián Esperón Villaverde, Uxía Delgado Izarra, Cándido Lorenzo Vidal, Manuel Viejo Sánchez, Ignacio Jácome, Zoe Seoane e Stephania Cifuentes.

A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade da sala.

NOTA: Por mor da celebración do concerto a sala de exposicións temporais pechará ás 19h, e a colección permanente a partir das 20 h xa non poderá visitarse..

Descargar programa día 22

Descargar programa día 25

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra