Presentación de Cartolatría en Madrid

Actualizado 24/05/2018 00:00

museo de pontevedra

O martes 29 de maio, ás 19:30h terá lugar o acto de celebración de Cartolatría. Epistolario Sánchez Cantón – Filgueira Valverde na sala Guidarte da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid.

No acto intervirán Antonio Bonet Correa, director honorario da Real Academia de Bellas Artes; José Carlos Valle Pérez, director do Museo; Fernando Filgueira Iglesias pola Fundación Filgueira Valverde e María Jesús Fortes Alén, arquiveira do Museo de Pontevedra e coordinadora da obra.

A entrada ao acto é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Cartolatría, publicación recollida en tres volumes, compendia as 1.356 misivas que dúas figuras de prestixio excepcional como foron Francisco Javier Sánchez Cantón e José Filgueira Valverde, intercambiaron ao longo de corenta e catro anos. O epistolario é esencial para coñecer o desenvolvemento da actividade cotiá do Museo nos seus primeiros anos e a evolución da propia cidade de Pontevedra.

O libro, editado polo Museo, pode adquirirse directamente nesta entidade, tanto no Sexto Edificio en horario de apertura, coma no Fernández López, polas mañás.

Máis información

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra