Obradoiro A pintura que soa

Actualizado 29/05/2018 00:00

museo de pontevedra

Os días 8 e 9 de xuño o museo celebrará cadansúa sesión do obradoiro A pintura que soa, dirixido a público de calquera idade, coa colaboración de Espacio Rojo. Para participar é preciso inscribirse.

Trátase dun obradoiro no que se propón traballar o son en relación ás sensacións e percepcións que transmiten algunhas das pinturas da colección do museo.

Partindo de varios conceptos que habitan nas obras de arte como o fondo, a figura, a materialidade, a cor ou a liña, farase unha colaxe sonora de ruídos e melodías que acheguen ao público ás escenas representadas nas obras de arte seleccionadas, descubrindo a cultura material e inmaterial que nelas habita.

Búscase o traballo grupal con nenos, nenas e persoas de diferente idade, potenciando a comunicación interxeracional, o que dará como resultado unha experiencia moito máis enriquecedora. A proposta é que pais, nais, avós, avoas… se animen a vir coa rapazada (fillos, netas, sobriños, curmás…)

Días:

  • venres 8 de xuño (17:30 – 19:30)
  • sábado 9 de xuño (10:30 – 12:30)

Prazas: 20 por quenda

Idades: público interxeracional (de 6 a 99 anos)

Inscrición: a través do correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es ou do teléfono 986 804 100 extensión 42413 (Horario de atención: de luns a venres de 8:30 a 14:30).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra