Obradoiros de Verán 2018

Actualizado 01/06/2018 00:00

museo de pontevedra

Un ano máis, o Museo oferta os seus obradoiros de verán durante os meses de xullo e agosto, cun total de 90 prazas para nenos e nenas de entre 5 e 13 anos.

O obxectivo común destes obradoiros é estimular a comunicación, a creatividade, a sensibilidade e a expresión dos e das cativas, mediante actividades adaptadas aos diferentes rangos de idade.

En xullo levarase a cabo o obradoiro de cerámica Mar-e-arte. Navegando no barro; e no mes de agosto o de pintura que levan por título, Descubrindo a José Solla, xa que estarán vinculados á exposición temporal dedicada ao artista de Marín.

Prazo de inscrición: comeza o luns 4 de xuño e remata o venres 15 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral da Deputación.

Adxudicación das prazas: Darase un obradoiro por neno ou nena. No caso de que houbese máis demanda que prazas, estas adxudicaranse por sorteo público o martes 19 de xuño ás 10 horas no edificio Fernández López do Museo.

Listas de admitidos: os pais/nais deberán estar pendentes da consulta das listas que se farán públicas a través da web do Museo a partir do mércores 20 de xuño. Tamén poderán consultalas no punto de información do Sexto Edificio.

XULLO

MAR-E ARTE. Navegando no barro – Obradoiro de cerámica.

Número de participantes: 15 por quenda

Nenos/as de 5 a 7 anos

Do 2 ao 6 de xullo (10:30 a 12:30 h)

Nenos/as de 8 a 10 anos

Do 9 ao 13 de xullo (10:30 a 13:00 h)

Nenos/as de 11 a 13 anos

Do 16 ao 20 de xullo (10:30 a 12:30 h)

AGOSTO

DESCUBRINDO A JOSÉ SOLLA – Obradoiro de pintura

A rapazada aproximarase á pintura desde unha visión psicolóxica, histórica e urbana para entender a obra do pintor José Solla. Desde o debuxo e a composición os nenos e nenas comprenderán o proceso creativo do artista ata realizar a súa obra final, proceso que eles mesmos terán que experimentar realizando a súa propia obra a partir da técnica da pintura acrílica.

Número de participantes: 15 por quenda

Nenos/as de 5 a 7 anos

Do 30 de xullo ao 3 de agosto (10:30 a 12:30 h)

Nenos/as de 8 a 10 anos

Do 6 ao 10 de agosto (10:30 a 12:30 h)

Nenos/as de 11 a 13 anos

Do 20 ao 24 de agosto (10:30 a 12:30)

DESCARGAR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra