Concerto presentación do CD José Fraguas interpreta a Manuel Quiroga

Actualizado 07/06/2018 00:00

museo de pontevedra

O sábado 9 de xuño ás 19:30 h preséntase na área de cristal do Sexto Edificio o CD no que José Fraguas interpreta e homenaxea ao virtuoso violinista pontevedrés, acompañado ao piano por Alina Artemyeva. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

O CD recolle a gravación realizada en febreiro no Auditorio do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.

José Luis Fraguas é un mozo violinista de 20 anos nado nunha familia de médicos escritores e músicos que aos catro anos se trasladou a Francia e inicia a súa carreira musical acumulando premios en concursos prestixiosos a nivel internacional.

No segundo andar do Sexto, onde se celebra este concerto presentación, áchase a sala dedicada a Manuel Quiroga (1892-1961) na que se expón unha pequena parte dos moitos testemuños que conserva o Museo do gran músico que viu interrompida a súa carreira como concertista internacional do máis alto nivel aos 46 anos ao ser atropelado en Nova York.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra