Bolsas de creación artística. Novos Valores 2017

Actualizado 19/06/2018 00:00

museo de pontevedra

O primeiro andar do claustro do edificio Sarmiento acolle, desde o 21 de xuño ás oito da tarde que se inaugura, a exposición Bolsas de creación artística. Novos Valores 2017. Como na edición anterior a mostra está formada por obras das e dos artistas galardoados no certame Novos Valores de 2017 con bolsas para a ampliación de estudos artísticos.

Malú Feijóo, Aitor Víctor Fernández Marcos, Borja Guerrero Parapar e Yolanda Ríos Coello presentan os froitos das novas experiencias conseguidas co apoio económico que percibiron mercé a ser premiados coas bolsas de creación herdeiras daquelas históricas pensións que, desde 1864 ata 1982, concedía a Deputación de Pontevedra e que obtiveran algunhas das máis importantes figuras da arte galega do derradeiro século.

A mostra permanecerá aberta ao público ata o 22 de xullo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra