Visitas de verán 2018

Actualizado 28/06/2018 00:00

museo de pontevedra

A partir do domingo 1 de xullo, o Museo pon en marcha un programa de visitas guiadas para aquelas persoas que, sen formar parte dun grupo concertado, desexan coñecer as súas coleccións explicadas polo persoal do Gabinete Didáctico.

Visitas de verán 2018

Visitas diarias á colección

(Do 1 de xullo ao 30 de setembro)
Nesta visita faise un percorrido por unha selección das obras máis representativas das coleccións expostas nos edificios Sexto e Sarmiento.
De martes a venres: 12 h e 19 h
Sábados, domingos e festivos: 12 h
Non é necesaria inscrición

Visita ás Ruínas de San Domingos

(Ata o 31 de outubro)
De martes a venres: 12 h e 17:30 h
Sábados: 17:30 h
Domingos e festivos: 12 h
Non é necesaria inscrición

A Ruta do Museo

Ruta guiada na que se pretende unha aproximación á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia.
Sábados: 11:30 h
Punto de encontro: Ruínas de San Domingos
É necesaria inscrición: gabinetedidactico.museo@depo.es / 986 804 100 (A atención de correos e chamadas realizarase de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra