Presentación do libro Castelao na Arte Europea

Actualizado 02/07/2018 00:00

museo de pontevedra

O martes 3 de xullo ás oito da tarde no salón de actos do Sexto celebrarase o acto de presentación do libro Castelao na Arte Europea, do artista plástico, xornalista e ensaísta Siro López.

Castelao na Arte Europea

Este é o primeiro libro da colección Gallaecia Ensaio de Garañón Editora. Aborda desde unha perspectiva nova a figura de Castelao na súa relación cos seus contemporáneos en Europa, en canto á súa actividade artística e particularmente no relacionado co debuxo, o humor e o humorismo, para deducir que, lonxe do que puidese parecer, a arte de Castelao non estivo á marxe senón no grupo de vangarda dos debuxantes europeos do seu tempo. E todo feito coa visión doutro excepcional debuxante como Siro López, que leva máis de corenta anos estudando a obra de Castelao.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra