Presentación do libro Pontevedra a 45 r.p.m. Los grupos pioneros en Pontevedra. 1965-1972

Actualizado 03/07/2018 00:00

museo de pontevedra

O xoves 5 de xullo, ás oito da tarde, o salón de actos do Sexto acolle a presentación do libro de Tino Domínguez Pontevedra a 45 r.p.m. Los grupos pioneros en Pontevedra. 1965-1972.

Este libro e unha compilación dos artigos publicados polo autor durante varios meses no Diario de Pontevedra. É un traballo xornalístico que recolle os datos dos grupos pioneiros da “movida pontevedresa” do período comprendido entre os anos 1965 e 1972. Os datos foron facilitados por membros dos propios grupos que foron entrevistados ao longo de varias semanas, con máis dun cento de fotografías da época, que reflicten a intensidade, creatividade e capacidade musical dos grupos pontevedreses daquela.

Pontevedra a 45 r.p.m. Los grupos pioneros en Pontevedra. 1965-1972

Tino Domínguez (Pontevedra, 1952) é xornalista e músico. A súa paixón pola comunicación lévao a traballar en Radio80, Antena 3 de Radio, Radio Líder e Pontevedraviva.com Radio. Colaborou con Faro de Vigo, foi correspondente da Axencia Galega de Noticias (AGN) e formou parte do primeiro cadro de persoal do Xornal Diario de Pontevedra.

Ten escrita numerosas colaboracións e levado a cabo diversos traballos para medios e axencias de comunicación. Colaborou na edición dalgúns guións para programas da TVG. Durante os últimos 21 anos, dirixiu o Gabinete de Comunicación e as Relacións Externas do ente público Portos de Galicia (Consellería do Mar – Xunta de Galicia).

No acto estarán presentes o director de Diario de Pontevedra, Miguel Ángel Rodríguez, o propio autor, Tino Domínguez e Carlos Valle, director do Museo.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra