Concerto de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos

Actualizado 10/07/2018 00:00

museo de pontevedra

No luscofusco do venres 13 de xullo, a cabeceira da igrexa do outrora forte convento de San Domingos acolle, un ano máis, músicas antigas sempre novas, pola súa rareza no panorama interpretativo actual. Nesta ocasión será un quinteto de metais e percusión o que porá son a ese momento máxico de tempo, suspendido entre o pasado e o presente. E farao cun amplo percorrido estilístico, desde o inicio do Renacemento ata o remate do Barroco. Tres séculos e medio de música culta, nos que percorrerán practicamente todas as grandes tradicións locais do continente europeo: Francia, Italia, Alemaña, España e Inglaterra convertidas xa cada vez máis nunha única Grande Tradición común; e en todos os casos, da man de compositores de primeira fila para cada período como os que compoñen este programa.

Ad Hoc Ensemble é unha formación centrada na difusión da música a través dos antigos instrumentos de vento metal como son o cornetto, o sacabuche, o serpentón ou o ophicleide, utilizando instrumentos orixinais ou réplicas dos antigos, pero tamén instrumentos actuais desde unha concepción máis actualizada das músicas históricas, cando o mellor resultado artístico así o aconsella. A formación interpreta nos seus concertos, músicas que van desde o o Renacemento ata o Barroco, tratando ademais de que sexan espectáculos divulgativos e pedagóxicos que versen sobre a orixe dos instrumentos e a súa repercusión na historia da música.

O concerto comezará as 22 h e a entrada será libre ata completar a capacidade do espazo.

Intérpretes

Abraham Cupeiro López (cornetto e trompeta)

Ana Pazos Pintor (cornetto e trompeta)

Elies Hernandis Oltra (sacabuche)

Pablo Dopazo Gondar (serpentón e ophicleide)

Carlos Vázquez López (percusión)


PROGRAMA


G. Dufay (1397-1494)

Gloria Ad modum tubae


H. Purcell (1659-1695)

Music for the Funeral of Queen Mary

Marcha – Canzona


Anónimo

Cancionero de Lerma

La de las medias - La de las dames - La Francesa


Antonio Martín i Coll (1660-1734)

Danza de las hachas


G. Gabrieli (1554/57-1612)

Canzoni per sonare con ogni sorte di stromenti

Canzon Prima “La Spiritata”


G. A. Cima (1580-1627)

Concerti Ecclesiastici (G. P. Cima)

Sonata à 4


C. Gervaise (1540-1583)

Troisieme livre de danceries

Pavanne et Gaillarde de la Guerre


M. Praetorius (1571-1621)

Terpsichore, Musarum Aoniarum

Ballets números: 13, 14, 16, 17.


G. Fantini (1600-1675)

Sonate per trombe

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra