VII Xornadas de Exiptoloxía. Dez anos escavando en Deir El Bahari

Actualizado 13/07/2018 00:00

museo de pontevedra

Do 18 ao 20 de xullo, o salón de actos do Sexto acolle a sétima edición das xornadas de exiptoloxía coordinadas en colaboración co Instituto de Estudios del Antiguo Egipto que este ano levan por título Dez anos escavando en Deir El Bahari.

O programa é o seguinte:

Mércores 18 de xullo

“A escavación da Tumba nº 28 de Asasif, da Misión Arqueológica Española do Instituto de Estudios del Antiguo Egipto”

Teresa Bedman, exiptóloga, co-directora do Proxecto Visir Amen-Hotep Huy

Xoves 19 de xullo

“A Inmortalidade no Antigo Exipto: traballos de Antropoloxía Física na tumba do Visir Amen-Hotep Huy”

Alberto Abello, Exiptólogo, membro do equipo do Proxecto Visir Amen-Hotep Huy

Venres 20 de xullo

“Resultados da IX Campaña de escavación, 2018 no Proxecto Visir Amen-Hotep Huy”

Francisco Martín-Valentín, exiptólogo e director do Proxecto Viris Amen-Hotep Huy

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra