Presentación – Coloquio La Carta de Colón anunciando el Descubrimiento del Nuevo Mundo

Actualizado 06/08/2018 00:00

museo de pontevedra

No marco do  DXXV aniversario do Descubrimento de América e da arribada da  carabela Pinta á vila de Baiona en 1493, primeiro lugar de Europa onde se coñeceu a noticia; o xoves 9 de agosto, terá lugar o acto de presentación en Galicia, Carta de Colón anunciando el Descubrimiento del Nuevo Mundo. O acto comezará no salón de actos do Sexto ás 11 da mañá.

A Carta de Colón anunciando el Descubrimiento del Nuevo Mundo é unha singular e simbólica edición na que se reproduce aquela que se estampara en Barcelona en 1914. Foi composta polo  tipógrafo  Eudald  Canibell nos talleres de La Académica de Serra hermanos y  Russell. Con iso tamén se rende homenaxe ao taller de  Pere Pousa, que en 1493 imprimiu por primeira vez a carta na cidade de Barcelona, e da que unicamente se conserva un exemplar na Biblioteca Pública de Nova York.

Coloquio La Carta de Colón anunciando el Descubrimiento del Nuevo Mundo

O texto impreso foi o mesmo daquelas cartas, iguais entre si, que o navegante enviara poucos días antes a Luís de  Santángel e a Gabriel Sánchez, funcionarios de alto rango do reino de Aragón e que servían aos monarcas na Corte Real. O seu contido inspirábase na misiva que o descubridor dirixira aos Reis Católicos e na que describía as terras e xentes que atopou alén do Atlántico. A poboación de Baiona a Real tivo unha importancia capital na difusión da noticia e a comarca de Pontevedra mantivo vivo o interese polo estudo da figura e a xesta do navegante Cristóbal  Colón ata hoxe.

Tras 525 anos da primeira edición Taberna  Libraria presenta unha reprodución  facsimilar da Carta (Barcelona, 1914) que inclúe estudo histórico e transcrición anotada a cargo de Cristóbal  Colón  XX.

Intervirán no acto Ernesto Pedrosa Silva (presidente do  Consello Social da UVIGO);  Anxo  Rodal Almuíña (alcalde de Baiona); Dionisio Redondo, editor de Taberna  Libraria e Cristóbal  Colón “ XX descendente directo do Almirante” ( XVIII Duque de  Veragua), autor do estudo histórico e transcrición anotada.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra