Comezan as visitas guiadas á exposición Coplas de cego. José Solla

Actualizado 07/08/2018 00:00

museo de pontevedra

O sábado 11 de agosto será o punto de partida das visitas, guiadas polas persoas membros do Gabinete Didáctico, á exposición dedicada a José Solla, Coplas de cego¸ que permanecerá aberta ao público ata o 23 de setembro.

Visitas guiadas á exposición Coplas de cego. José Solla

A finalidade destas visitas comentadas é a de facilitar as persoas que asistan as claves do discurso expositivo da mostra.

Para participar non é precisa inscrición previa, será suficiente con presentarse un pouco antes da hora de comezo no punto de encontro na entrada do Sexto Edificio. Esta actividade terá lugar nos seguintes días e horas:
Sábados ás 18:30 h (desde o 11 de agosto)
Xoves ás 12 h (o primeiro xoves será o 16 de agosto)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra